Bergantiños, viveiro de vocacións sacerdotais (III)

por

Santa María de Rus

Antonio Carracedo Viña, párroco de Sofán, ten un monumento erixido  en Sofán despois de 25 anos do seu pasamento.

Luciano Moreira Carracedo, nacido en Oca, párroco de Fisterra.

Rafael Carracedo, Congregación da Misión, misioneiro vicenciano.

Gerardo José Caamaño Carracedo, párroco en Lema.

Fillas da Caridade nesta familia: María Carracedo Viña, fundadora do colexio das Fillas da Caridade en Carballo e irmá de D. Antonio.

Clara e Venerable Caamaño Carracedo, Fillas da Caridade.

Na familia Puga Mira temos as irmáns Francisca e Carmen, Fillas da Caridade, Francisca é actualmente a superiora  do Colexio de Carballo . E as dúas tías paternas do párroco de Camariñas Eduardo Puga Vila.

José e Alfredo Mallo Pena que foron párrocos sucesivamente  en Vilariño  e Dubra.

San Mamede de Seavia

Ramón Antelo Pena, Manuel Pena Suárez, Manuel García Pena. Son curmáns. Párrocos respectivamente na Coruña, en Traba e na Coruña.Houbo ademais un sacerdote salesiano, Padre Adolfo Antelo, en América, así como a relixiosa misioneira Josefa Antelo Pena, en Vigo.

Tamén de Seavia a Beata Isabel Remuiñán Carracedo, mártir en 1.936. Era sobriña do párroco de Sofán D. Antonio Carracedo Viña.

Anotemos tamén que Manuel Antelo, pai de Adolfo, ingresou salesiano como irmán coadxutor.

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?