Boas festas!

por

O mes de S. Xoán aínda conserva, na fala dos galegos veteranos, ese fermoso nome derivado do santoral. Outras referencias  haxionimicos dos meses, van decrecendo. Nos tempos da nenez dos que hoxe estamos na idade que chaman –vida ascendente-, tamén temos oído dicir: mes de Santiago, mes de Nosa Señora, mes de San Martiño, mes de Nadal.

A secularización e a globalización van acabando con toda esa nomenclatura. Sexa como for, as festas están chamando á porta, anque esteamos na crise.

San Antonio da Agualada ten unha particular popularidade. Ademais do día 13, hai alí celebracións cada primeiro domingo de mes. Ritos e costumes dalgún tempo van desaparecendo, pero os devotos son fieis ao santo de Padua.

Había camiños, (corredoiras e carreiros) que eran coñecidos comos os que levaban ós romeiros ata a igrexa do santo. Agora, poucos recoñecen eses camiños. Vaise por estradas e en coche.

San Antonio tamén en Vilar de  Francos. Aquí o santo habita en capela de mansión pacega, co adorno  do gran carballo de san Antonio.
San Adrián témolo en sofán, no linde co concello de Laracha. Tamén en Malpica, lindando co mar e ante a panorámica de, por un lado as illas sisargas, e, por outro, a curva do gran areal de Malpica, no que a península bergantiñá se recrea no mar para cobiza e ilusións dos turistas e paisanos de terra adentro.

¡BOAS FESTAS!

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?