Mes de San Xoán

por

O mes de San Xoán produce unha metámorfose senlleira en Bergantiños. O inverno, cumprindo coa función que a natureza lle asigna, aporta auga e humidade ás nosas terras. Vén o sol do verán e xurden colores polo chan bergantiñán. Veigas e montes, fragas e hortas, aportan mil gamas do verdor; o mar torna na azul intenso, pon olas de brancores extaiasiándose nas praias. A mesma patria terá dúas colores paralelas, asegún as augas salgadas vaian chegando a ela.

Aínda veremos, un ano máis, na mesma Vila de Carballo, a tradición da enramada de San Xoán. Fiuncho, espadañas, hortensias,…. Son as preferidas para a noite e a mañá do San Xoán. Tamén e benefico lavar a cara no arrecendo e mestura destas herbas.

Pero hai tanta variedade na campía bergantiñá que ben quixéramos que se recollesen os nomes populares das plantas que aquí medran. Antes que se perdan tantas especies da nosa botánica, ogallá houbese algo así coma un padre Merino, xesuíta, do colexio da guarda, en Pontevedra, quen, a comezos do s. XX publicou en tres tomos o mellor catálogo que temos da nosa Galicia.

Velaí un  traballo lingüístico e naturalista para que alguén faga un estudo sobre bergantiños que pode levar adiante un natural desta terra, como tese  universitaria.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?