Festa do Santísimo Sacramento

por

Todas as parroquias que este luns tiveron a festa patronal de San Xoán, o martes teñen o do Santísimo Sacramento. Isto é tamén en Carballo. Misa solemne con asistencia de autoridades e pobo,  intercesión da laureada Coral de Bergantiños. Longa e devota procesión con tres estacións, adornadas con fermosura e devoción, en clásicos puntos das rúas desta vila.

Tres tamén son as custodias que a parroquia ten. Dúas, froito de doazóns recentes.

Como debe de ser, a adoración eucarística leva consigo corresponder cun amor eficiente ao próximo. Iso fano, entre nós, tres institucións ben coñecidas: Caritas parroquial de carballo, caritas interparroquial de Bergantiños e o Centro Social. Contamos tamén coas aportacións da Cruz  Roxa e outras institucións.

Lembremos.  A Eucaristía nace no Cenáculo mesmo cando o Señor nos daba o Mandamento Novo como obxetivo final do noso vivir e marca do auténtico cristianismo.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?