Que S. Cristovo nos conduza

por

O próximo domingo é día da Responsabilidade no Tráfico nas estradas. Empezamos agora un tempo de moito trafego. Veñen emigrantes que traballan en Europa, temos festas parroquiais case acotío. O bo tempo convida ir as praias, visitar ós amigos. Polo tanto, hai máis perigos.

Din os expertos que nas vías secundarias é onde  máis  accidentes hai. Non falemos xa do perigosas que son moitas curvas das nosas pistas  que  case sempre son os camiños que había, pero agora asfaltados.

O inverno fai daño na capa de rodadura de estradas e pistas. A crise que padecemos non permite reparar tanto bache que nos sorprende en cada intre menos pensado.

Festas nocturnas, beber sen control, alegría de mocidade…todo isto será un manifesto perigo. Non quero falar de accidentes mortais, case sempre é a xuventude que nos padece.

Están aquí presentes as exisencias do mandamento  da Lei de Deus que manda respectar a vida propia e a dos demais.
Sobre todo, o segundo mandamento que  é o do amor ao próximo.
Nós tamén somos para nós mesmos, ese próximo a amar e respetar.

Sentidiño pois. Que S. Cristovo nos conduza.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?