Festa de San Bieito

por

Esta semana celebramos o día propio da festa de S. Benito, (S. Bieito decimos tamén os galegos).

Nese día 11 é a festa do S. Benito de Lérez, que ten cántiga popular coma –santo moi milagreiro-. Pero o Santo abade Benito, anque él é do S. VI, ten manifesta presencia en Bergantiños, e en toda Galicia polos seus moitos mosteiros. En Santiago, as grandes abadías de S. Martín Pinario e S. Paio de Antealtares.

Aquí, entre nós, temos o mosteiro de Soandres, a quen estivo encomendado o coidado pastoral de Carballo. Coa reforma que se fixo no 1399 Soandres quedou incorporado a San Martiño de Santiago. Deste feito queda na vila carballesa a paraxe coñecida como –O San Martiño-. Outros mosteiros de menos importancia en Bergantiños como Seavia, Cándoas…Pasarán a depender dos de Santiago ou de Sobrado, que tamén era benedictino, anque do cister.

O que pode ser máis interesante e lembrar que un ilustrado benedictino como o P. Sarmiento percorren parte de Bergantiños. Desde Soandres andivo por acó tomando notas. Admirou o S. Breixo que está na fachada da igrexa de Oza. Porqué é unha escultura en pedra que amosa un santo campechano, acolledor de cantos fregueses entran na súa igrexa. Por iso mesmo, os vecinos de Oza son tan amables, alegres, reflexando así o que ven na imaxe do seu patrón. Tanto a que está na porta coma a que preside o retablo maior.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?