Nosa Señora do Carme

por

Nosa Señora do Carme ten imaxe e festa nas nosas parroquias. Nas mariñeiras e nas de terra adentro. Veremos procesións polo mar e polo adro das igrexas. Polas nosas rías, navegarán motoras postrando a imaxe da patrona dos mariñeiros: o Carme.

Cantos, oracións e coroas irán esparexendo os devotos sobre as augas salgadas. Son lembranzas profundas dos que viven a carón do mar.

Vendo as coroas de laureiro e camelias que nadan sobre as augas azuis, non poderiamos cantar aquilo tan célebre, hai anos de que –no hay rosas en el mar-

Pola contra un poeta, quizais pasmando ante esa manifestación de fe e amor que hai nestas procesións, exclamou: -Oh quien fuera marinero para morirse en la mar-.

A larganza do mar (ese –ollar longueiro que dixo outro poeta) lévanos a pensar no Infinito, en Deus. A sentir esa nosa pouquedade, a necesidade dunha axuda superior para loitar tantas ondas feras que nos queren asoballar. –Na beira do mar hai moito que ver: velaí a valentía dos que buscan no mar o seu sustento, a Fe dos que orgullosamente acompañan a Nosa Sra. do Carme.

Unha cita máis de poeta: – si el mar fuera infinito, lo veríamos infinito, lo veríamos igual que vemos-. Os humanos presentimos a nosa trascendencia, contemplando o mar.

Moitas felicidades ás Carmes, Carmelas e Carmeliñas.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?