Día do Apóstolo Santiago e de Galicia

por

Estamos ante o día do Apóstolo Santiago e do día de Galicia. Deberíamos ler aquel discurso de Castelao , “ALBA DE GLORIA”, pronunciado en Bos aires un 25 de xullo do 1948. Di Castelao: “Se no abrente deste día poideramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direiccións, abranguearíamos o portento dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías mainas de Pontevedra, aureladas de piñeirais;  dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas de entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o cume de Sta. Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria”.

“O día da festa comeza en Santiago…”

E vai o noso rianxeiro rememorando as grandezas da Nosa Terra. Escritores, arquitectos, arcebispos, sabios…que fixeron patria. Hoxe, Castelao, tamén nomearía ao cardeal Quiroga, ao sabio astrónomo e matemático Aller Ulloa, a Amor Ruibal, a Cela, Filgueira Valverde, a Cunqueiro e Carlos Casares…Nós, desde Bergantiños, facemos memoria do Camiño de Santiago a Muxía e Fisterra. De Rosalía, cantaría  da romaría da Virxe da Barca. De Pondal, estudante en Santiago.

Os sacerdotes temos Compostela como berce do noso ser. Aquela cidade é para nós como Xerusalem para o pobo de Israel. Sentimos morriña por ela e dicimos coma no libro dos salmos: que se pegue a miña lingua ó paladar se me esquecese de ti, -Santiago-; que se me paralice a man dereita se me esquecese de ti, -Compostela-. (Sal. 137, v. 5)

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?