O comenzo do ano en 1º de xaneiro é algo imposto na meirande parte das culturas. Mesmo na cultura occidental houbo tempos nos que o ano empezaba no 1º de marzo. Os nomes de catro meses (septembro, outubro, novembro e decembro) corresponden ós calendarios nos que eses meses eran o 7º, 8º, 9º, 10º do ano.
Todo isto non priva da emoción festiva con que vivimos o cambio de ano. No día 31 hai moita présa na xente, nos mercados, nas rúas. Os coches van máis veloces. A mocidade vai vestida de estreo. Organizadas hai moitas festas, o que é a preocupación pola seguridade. As ambulancias, os hospitais, en garda. Pode haber accidentes, intoxicacións.
O cumio está nas 12 horas da noite. As campanadas teñen que vir rareadas para poder comer as uvas ó seu son. Algúns atragántanse, outros rompen a rir, poucos rematan ben canda as badaladas.
Ó día seguinte, a resaca. Empeza un tempo de dieta para adelgazar. A obesidade é un mal entre nós. Contrasta coa fame esquelética de tantos nenos e maiores. Velaí a nosa reponsabilidade.
Hai outras maneiras de recibir ó novo ano. Así, a familia xúntase nunha cea. Isto ten un fondo ledo, pero tamén aviva a “presencia” dos que estaban presentes noutros anos. As familias cristiás rezan unha oración propia da ocasión. Na Guía de la Vida Cristiana, da parroquia de Carballo, temos esa oración. Vide p. 34 e 45 da 1ª e 2ª edición.
Particular celebración ten a Adoración Nocturna Española. No seu Ritual hai unha vixilia propia deste día. Teñen unha hora santa na que escoitan en silencio emotivo as 12 badaladas.
Hai a celebración dos que viven solos. Outros viven en compañía pero poden sentirse solos porque non encontran comprensión.
Esa noite, e moitas máis, hai quen a pasa baixo unha cornisa dun edificio, ou nun lavadoiro público protexido con cartóns.
Algún ano empezaremos, que non remataremos. Poñámonos nas mans de Dios. Amén