Canto dos Reises (II)

por

Parémonos un intre no canto dos Reis. Empezan por aquilo de es descortesía, es desobediencia, ponerse a cantar sen pedir licencia. A fórmula do canto permite a inclusión de notas supernumerarias tal como se fai no canto gregoriano, para que caiba todo o texto do versículo. Tras de cada cuarteto vai o estribillo: buenos reises, buenos reises. Como o pobo hebreo facía nos seus salmos (sal. 135) e hoxe mesmo volvemos a ter na liturxia.

A Xunta de Galicia seica está cavilando na posibilidade de facer un estudio sobre Bergantiños: tradicións, arte, fala. Quen faga unha pequena esculca na lingua galega de Bergantiños, tal como a falaban os nosos maiores, quedará sorprendido. Non se pode botar a perder tanta sabedoría popular, patrimonio e labor de moitos anos.

Subliñemos que os nosos devanceiros dicían cántiga. Este esdrúxulo responde ó neutro latino cántica. Polo tanto é un cultismo. Ademais, como esdrúxulo, recolle a singularidade eufónica, a chamada elegancia do esdrúxulo.

Doroté Schubarth e Antón Santamarina no seu libro editado na Biblioteca Básica da Cultura Galega, tralo percorrido por Galicia enteira recollendo de viva voz as cántigas, de toda clase, acabaron titulando a súa obra, de gran valía por certo, Cántigas Populares.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?