Catro igrexas en Carballo. Santuario de San Cristovo e Nª Sª da Boa Viaxe

por parroquiacarballo

No occidente carballés, unha fachada imitante monumentos da Grecia antiga, amosa o santuario de S. Cristovo. Amplia praza, silencio só interrumpido polas augas dunha benéfica fonte. Podes pasear, falar, lembrar tempos. Aínda non está aquel espazo achicado por construccións.

De vez en cando, sorprenderannos as notas do Ave de Lourdes que

lanza ós ventos aquel reloxo. Unha aura mariana acariña aquela veciñanza.

Naquela torre, agáchase Radio María. En servicio 24 horas.

Informa, ilustra, ensina…a moita xente, sobre todo, enfermos, anciáns, que non poden vivir sen Radio María. Ben se nota cando algún fallo hai nas emisións. Labor permanente de Radio María, fronte a tanta indiferencia, paga- nismo que padecemos.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?