Catro igrexas en Carballo

por parroquiacarballo

CAPELA DA BREA

Pola Brea pasaba a Vereda que unía Brigancia con Fisterra, pasando pola ponte Lubiáns. Iso marcou a vocación dos vecinos da Brea: ser camiñantes,     portadores do máis esencial desta terra como é o pantrigo. Cabalos que endexamais cansaban levaban os esteiróns repletos de pan.

Eran moletes que arrecendían a forno quente, codia que estalaba nas mans, e cando o panadeiro, buscando o dereito do pan, abría o molete, aparecía unha brancura no miolo, con ollos, que invitaba a probar.

Na capela da Brea hai artesa, unha imaxe de S. Antonio que ofrece pan ó fregués que entra. Agora enténdese ben o que lemos no fronte do altar: “Eu son o Pan da Vida” Palabra do Señor. Refírese ó Pan da súa Palabra e ó Pan da Eucaristía.

A Milagrosa

Baixando cara a vila de Carballo, batemos cunha encrucillada de camiños. Para orientarnos, nada mellor que a capela da Milagrosa.

Que bendiga a nosa viaxe. Podemos seguir pola Costa da Morte, ou deica A Coruña, ou cara Fisterra… Sofán… María presida os nosos roteiros. Podemos descansar no xardín da capela. Reflexionar. Cando poñan unha fonte, beber coma un don de Nosa Señora. Dentro da capela está a imaxe da Milagrosa, a máis fermosa que terán visto desta devoción. E un Crucificado que ora a Deus Pai. Todo chama á trascendencia.

Por se non o sabes, direiche que esta capela ten moitas indulxencias concedidas pola Sta Sede para devotos alí orantes.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?