O Cirio Pascual (I)

por

Falamos do cirio de Carballo neste 2.017. Presenta en lugar preferente a imaxe do Bo Pastor que foi emblema do Ano Xubilar da Misericordia, proclamado polo papa Francisco.

Arriba, a cruz de Santiago, que ten forma de espada, pois o Apóstolo foi invocado na loita contra o islam na guerra da Reconquista.

Esta cruz nace na vieira xacobea (pecten jacobeus) que di o Calixtino, que chama ā€œpieiti xacobeoā€ Ć” vieira, polas sĆŗas formas dentadas, radiais.

Os peregrinos que chegaban a este Fisterre polos diversos camiƱos de Santiago, recollĆ­an, probaban e levaban como recordo a concha dun sabroso bivalvo, de artĆ­stico deseƱo. Ese recordo serviu para acreditar a condición de peregrino a Compostela. TamĆ©n era Ćŗtil para beber nas fontes do camiƱo. Ademais foi ornamento na esclavina dos devotos camiƱantes. Cómo chamar a esa concha e a ese molusco? Pois serĆ” a ā€œvieiraā€, porque acompaƱa nas vĆ­as e viaxes dos peregrinos.

Pero un peregrino que proceda da terra con fala castelĆ” ou romance chama a esa concha co nome de ā€œveneraā€, pois na mitoloxĆ­a greco-latina a deusa Venus nace en medio das conchas dese bivalvo. Ɖ a deusa da fermosura e do gozo.

Para os peregrinos, a venera ou vieira lembraba o renacemento polo bautismo e a ledicia da que fala o Códice Calixtino, o gozo que tiñan os peregrinos cando volvían de cumprir a viaxe a onda o Apóstolo.

Por isto mesmo coidamos que a cruz de Santiago aparece no cirio de Carballo entre as conchas da vieira. A alegría, bo Ônimo, que enchía o corazón dos devotos xacobeos.

Aparece tamén o cirio dominado por dúas letras do alfabeto grego. A primeira, alfa (A) e a derradeira, omega (    ) que serven para significar a Cristo, principio e fin de todo, como nos di o Apocalipsis, no cap. XXI, verso 6

 

TambiƩn te puede Interesar