Coidemos o noso planeta

por

Este mércores foi o Día do Medio Ambiente. Algo que todos necesitamos debemos coidar porque é a nosa casa ou morada. Se pensamos na atmósfera, vennos á idea tantos gases que coches e chemineas botan no aire que temos que respirar.

No mar, tivemos o malfado do Prestige e outros petroleiros. Nos ríos, depuradoras que non hai ou son insuficientes. Os nosos ríos témolos sometidos a un grave maltrato.

Na terra, facemos basureiros, escombreiras en calquera recuncho.

Gustaríame falar en positivo: plantar árbores, xardíns. Camiños, roteiros, para pasear en grupo, sen máquinas. Admirando a nosa paisaxe, arboredas, carballeiras, soutos, nogueirais, castiñeiros.

Paseando cunha conversa amabel, culta. Sen facer lumaradas, tan perigosas nos veráns galegos. Coidémolas tamén no San Xoán. ¿cómo imos escoitar o cuco, o paspallás, a rula, se todo é borralla nos nosos montes?. Agricultura ecolóxica. Sanidade ten que vixiar os abonos químicos que autoriza, pois poden perxudicar a nosa saúde. De vez en cando temos noticia de medicamentos que se retiran do mercado, ou porque non son útiles ou porque non cumpren as expectativas.
Igualmente os productos de limpeza que se empregan nas nosas casas, van dar ao río cos seus compostos. ¿Non serán poderosos contaminantes?
Imos entrar no verán. Así que España é un país do máis ruidoso. Controlemos os decibelios para conservar a saúde mental.

Alguén preguntará: en ¿qué mandamento está todo iso? Pois no que manda amar a Deus (a súa obra, a creación) e ao próximo: os nosas semellantes de hoxe e dos tempos vindeiros.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?