Día do Corpo e do Sangue de Cristo

por

Esta celebración é xemelga do Xoves Santo. Neste día celebramos o día do Amor Fraterno, porque era o día no que Xesús deu á Igrexa o Mandamento do Amor, o seu Mandamento Novo.

No día de Corpus celebramos o Día Nacional de Caridade. Aquel amor do Xoves Santo ten que ter transcendencia, eficacia, realización. Serve, pois, este día para que analicemos o noso comportamento colaborando nas obras de caridade que na Igrexa e, en particular, hai na parroquia.

A Eucaristía é xenerosidade de Cristo para todos. Tamén é Presencia e sacrificio real, anque misterioso.

Ogallá tamén sexa unión para todos os que recibimos a Comunión con frecuencia.

Hai poucos días, estivo na Catedral de Santiago o arcebispo de Canterbury, que é o xefe da Igrexa Anglicana. Asistiu devotamente á Sta. Misa na Catedral, despois de saudar ao Sr. Arcebispo.

Os cristiáns, anque separados, temos, a maioría, a Eucaristía como Misterio Central da nosa Fe. Se vivimos en comunidade a esixencia de compartir un mesmo Pan, tamén deberiamos converxer tendo todos unha mesma Fe no esencial.

A Eucaristía, pois, ten forza ecuménica e ten caridade para todos, anque algúns non sexan crentes, pero a todos nos ama Deus Pai.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?