Compostela, cidade santa (I)

por parroquiacarballo

Como Xerusalem, cantada na Biblia coma sinal da vocación que Dios fixera ó pobo hebreo, así para nós, diocesáns de Santiago, o nome da urbe apostólico-xacobea, evoca moitas acordanzas referentes á progresión da nosa Fe cristiá.

“Non se fixeron as catedrais no centro das ciudades, senón que as ciudades foron feitas rodeando as catedrais”. Dixo Mons. Barrio.

Así foi, sobre todo, no caso de Compostela. A noticia do sartego do Discípulo de Xesús, promoveu a feitura da cidade. E, xuntamente co nome de Santiago (San Jacobo, San Iaco) foron xurdindo nomes dun particular santoral toponímico que imos lembrar.

Vindo polo Camiño Francés, pasamos por Sta. Irene (ou Elena), despois San Marcos, San Lázaro, Rúa de San Pedro, Porta  do Camiño, Praza de Ánimas, Cantón de San Benito, Rúa de Xerusalem, Praza da Inmaculada e xa entramos na Catedral pola porta da Acibechería.

Agora emprendemos unha caminata aló ó norte, e encontramos: Campanas de San Xoán, Praza de San Martín, Praza de San Miguel, Rúa de San Roque, Palacio de San Caetano, barrio de Nosa Sra de Guadalupe, San Xoán de Vista Alegre.

Desde a Catedral seguimos cara ó sur da cidade e temos: Rúa da Trinidade, Rúa de San Francisco, Val de Deus, Campo de Sta. Isabel, Casas de San Ignacio, carballeira de San Lourenzo, carballeira de Santa Susana, Tras do Pilar.

Na banda oeste, temos.- Rúa Fonte de San Antonio, Patio de MM. Mercedarias, Virxe da Cerca, Praza de San Félix, Praza de San Agustín, Vía Sacra, Rúa de San Pelaio.

II

Na parte nova temos rúas que nos recordan a historia da devoción xacobea. Así:

Rúa Batalla de Clavijo, Av. San Xoán XXIII.

Pero tamén Santiago de Compostela quere recordar no seu Rueiro a cidades do Novo Continente que levan o nome de Santiago. Así: Santiago de Guaiaquil, Santiago de Cuba, Santiago de Chile, Santiago del Estero. Sen duda que haberá tamén vencellos socio-políticos, quizais irmanamentos con estas cidades que se sentirán moi acollidos os seus paisanos cando visiten Compostela.

Efectivamente, a nosa capital da diocese, co seu Camiño de Santiago, é unha cidade universal. Con todas as ventaxas e as esixencias que isto supón.

Compostela, e os seus diversos Camiños teñen que ser acolledores, amables, para quen con tanto esforzo e sacrificio peregrinan a este Fisterra do mundo. Unha cidade limpa, segura.

Pero notamos que en Compostela, como noutras cidades que rebordan de turistas, empeza a xurdir unha fobia turística, cansa tanto turista que non respecta monumentos, lugares sagrados. A Praza do Obradoiro é como un lugar santo, un adro da Catedral, e así as demais Prazas. O peregrino venera todo, pero algúns turistas deixan queixas polo seu comportamento. Así, en Venecia, Mallorca, Barcelona…  Sexamos cívicos coa obra e dereitos dos demais, polo ben da humanidade.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?