Concentración de Festas

por

Na semana que imos vivir, hai festas a cachón en Bergantiños.

Festas de S. Lourenzo na Agolada e Verdillo. De Nosa Señora en Rus, Bértoa, Ardaña, Cereo… De S. Roque tamén nalgunhas destas parroquias. Ogallá que todo sexa gozo familiar e parroquial, tanto no relixioso como no popular.

Quizais Vilamaior sexa o punto onde se manifeste máis ese amor a Nosa Señora que hai en Bergantiños, Xallas e Dubra. Destas terras tan típicas de Galicia, son a meirande parte dos romeiros. Aínda hai devotos que xantan “de merenda” nos arredores do santuario. Costume que, polos medios de transporte que hoxe temos, vaise perdendo.

A imaxe de Nosa Señora de Vilamaior amosa o misterio da súa Asunción.Eleva mente e corazón ver a María cos brazos ergueitos na busca do encontro con Deus. Destino ao que todos estamos convocados. Isto é o que conforta a miles de romeiros que alí acuden, tanto no 15 de agosto como noutros días polo ano adiante que son tradición no calendario mariano daquel santuario. Así, por exemplo, hai devotos que concorren o día de xoves da Ascensión do Señor. Penso que esta festividade evoca o paralelismo que hai entre Ascensión de Xesús e Asunción de María.

Como queira que no xoves da Ascensión celébrase no santuario de Sta Ana , na Rabadeira (Seavia) a festa da nai de Santa María, os peregrinos adoitan facer visita a un santuario e outro. Visitan nai e filla.

Todo é ambiente e devoción mariana.

 

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?