Cristiáns Separados

por

Estamos no máis cru do inverno. Subimos a costa de xaneiro con dificultades. Quizais sentimos na economía familiar os gastos do pasado Nadal. Pois ben. Por riba de todo isto, tamén temos que falar dun inverno eclesial: os cristiáns estamos desunidos. Podemos dicir, como lle gustaba a S. Xoán XXIII, que somos Irmáns Separados.

O que pasa nalgunhas das nosas familias (que tanto doe a uns e a outros) pasa así mesmo entre os cristiáns. E deberiamos dar exemplo de unidade, de caridade, de perdón, de diálogo.

Si, algo de diálogo hai. Os papas que tivemos desde o Concilio Vaticano II, trataron de buscar achegamentos no comportamento e nas cuestións teolóxicas máis importantes, naquelas tamén que causaron división entre nós.

Estes esforzos chámanse Ecumenismo. En grego, a voz OIKÍA é casa. O Ecumenismo quere dicirnos que deberiamos vivir todos na mesma casa. Humanamente é unha empresa moi difícil. Parece que non queda máis recurso ca oración. Xa o Señor (que parecía presentir divisións) rezou ao Pai pedindo: “Que todos sexan un, como Ti e máis Eu somos un “.

Velaí a oración do Octavario pola Unión das Igrexas Cristiás.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?