Decembro, un mes pleno

por

Moitos acontecementos nos trae este mes. Se percorremos o roteiro das celebracións marianas, temos, o día 8, a Inmaculada Concepción. O día 10, Nosa Señora de Loreto, patroa da aviación. O día 12, Nosa Señora de Guadalupe, patroa de México. O día 18, Nosa Señora da Esperanza. O día 17 empeza o novenario á Nosa Sra. de la O, patroa dos xastres, que anuncia o nacemento de Xesús na noite do 24 ao 25.

Finalmente, o día 1º do vindeiro ano, temos a Maternidade Divina de María, coroando as celebracións marianas devanditas.

Outras novedades nos trae decembro. O día 8 empeza o Ano da Misericordia proclamado polo papa Francisco. Necesitamos perdón de Deus para nós, e entre nós. Saber que Deus é misericordioso, non debe permitirnos ser indulxentes cos nosos pecados, senón apartarnos deles, porque Deus é Pai bondadoso. Hai un refrán galego que di: Vale máis pouco pecar ca moito confesar.

Nese mesmo día 8 empezan a rexir as normas que deu o Papa Francisco para facer máis breves os procesos de nulidade ou separación de matrimonios, se pode ser, tamén gratuitos para aquelas familias que se encontran con dificultades. Enténdase ben: non hai un “divorcio católico”, como algúns dixeron, senón un procedemento máis breve.

Decembro tráenos celebracións entrañables como son as Vodas de Prata e Ouro de matrimonios. E tamén, por esta vez, en Carballo, celebración dos cincuenta anos de sacerdocio do seu cura párroco, do que haberá que falar máis adiante. Vodas todas que son exemplo de fidelidade á propia vocación.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?