Este martes foi o día da Diversidade Biolóxica. Tanto maltratamos o noso planeta terra, que fai falta un Día coma este. Acotío desaparecen especies de plantas ou animais que non aguantan o noso vivir acelerado, consumista.
Me parece que foi Einstein quen dixo que, se desaparecen as abellas terían os humanos moi difícil seguir vivindo. É que todo está tan organizado, hai dependencia total entre os seres vivos, consecuencia dunha evolución ben dirixida por man prominente, que os humanos temos que respetar, polo ben noso, marco vital eso que non é doado vivir, tanto a xeración actual como as futuras.
Os ecoloxistas estannos recordando estas cousas e así aparecen as chamados “partidos verdes”, cada vez con máis presencia nos parlamentos. Ben sabemos que hai, como en todo, extremismos.
Pero a voz ecoloxista non deixa de ser profecía para os nosos tempos. S. Francisco de Asís é un gran ecoloxista, oraba él: -louvado sexas, meu señor, por toda creatura, especialmente polo irmán sol que alumea nas alboradas, enche todo de esplendor e leva polos ceos noticia do seu autor. É polo día, de branca luz menor, e as estrelas claras, fermosas. E pola terra que en toda ocasión dá herbas, froitos, flores,, e nos sustenta… loado meu Señor. Reza así S. Francisco no Cántico das creaturas.