Día Nacional de Caridade

por

Estamos ante o Día Nacional de Caridade. Dito con palabras da liturxia, estamos preparando a celebración do Corpus Christi. Terá repetición solemne nas parroquias nas que o vindeiro domingo non sexa o tradicional día do sacramento.  Porque estas celebracións en moitas parroquias como acontece  Carballo, vai vencellada ás festas patronais.

Mais a solemnidade coa que se celebra ese día, non pode facernos esquecer que a Eucaristía tamén é Caridade. A do Señor para connosco; a nosa  dirixida aos irmáns.

Recordamos o xesto do noso papa Francisco. O Día do amor Fraterno, o Xoves Santo, lavou os pes a homes e tamén a dúas mulleres. Unha sería musulmana. Pois ben, as cáritas parroquiais testán facendo a súa labor sen disntición de persoas ou credos. Basta que haxa unha necesidade real, e alí estará a presencia das nosas Cáritas, na medida en que poidan, é dicir, na medida en que a nosa colaboración para poder atender ós problemas que xurden. Ben sabido é que Cáritas non pretende sólo o asistencial a axuda inmediata, que é algo primordial; senón que tamén clama pola xusticia, denuncia situacións de pecado. Asimesmo, Caritas quere formar persoas para que poidan abrirse camiño na vida. Velaí tantas cousas que ofrece Caritas Interparroquial de Bergantiños, recoñecidos como instrumentos eficaces para poder atopar traballo.

Por iso, tan laureadas son a Cáritas Interparroquial de Bergantiños, e Cáritas de Carballo, e o Centro Social San Xoan Bautista. Lembrade estamos ante o día nacional da caridade, o domingo que vén.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?