Día das Letras Galegas

por

Os que somos octoxenarios e nos críamos no rural con antepasados que acadaron idades, e deles aprendemos a nosa fala; os que falamos galego en tempos “da resistencia”; sentímonos descolocados ante as Normas da Real Academia Galega, vixentes desde 2.003.

Houbo un proceso acelerado de normativización que empezou en 1.960, houbo Normas no 1.983, veu o Diccionario da R.A.G. no 1.997.

No fondo, a cuestión é: o galego, lingua autónoma, anque próxima ó portugués e ó castelán? ou é unha lingua que para sobrevivir necesita refuxiarse na lusofonía?

A R.A.G. vai cedendo e non deixa contentos nin a uns nin a outros. A nosa fala perde falantes acotío quéixanse políticos e académicos.

Como sello falante arrepío dicir: grazas, xuizo, estudo… cando o etimolóxico e tradicional é manter o diptongo que fan desaparecer.

Un recoñecido académico da Galega publicou no 2.010 unha novela co título: Todo é silencio.

Polo contrario, a R.A.G. aférrase ao etimolóxico e escribe: avogado, marabilla, esvelto, estranxeiro, orquestra.Paréceme ben.

Pero non vexo como se poida xustificar extender/estensión, no Diccionario de 1.997. No mesmo,non aparecen nin “campana” nin “pino”. Pero Rosalía e Pondal empregan ambos substantivos. O Diccionario de Autoridades da Real Academia Española foi moi respetuosa coas Autoridades do castelán (Cervantes, Quevedo, Sta Tareixa…)

A R.A.G. impón moita economía en acentos, letras e signos ortográficos. O acento diacrítico parécenos moi importante. Se a frase que imos ler é interrogante ou admirativa, é preciso sabelo desde o comezo. En latín non hai signos de apertura desas frases pero hai abundantes partículas que avisan ó lector cando se empeza a ler a frase.

O actual presidente da R.A.G. dixo que grazas era cacofónico.

Os veteranos sentimos dificultades tanto na fala como na escrita da nosa lingua. Esta inseguridade penso que é causa maioritaria no abandono do galego, especialmente no alumnado que recibe clases de castelán e de galego.

Coas Normas temos una diglosia, tan temida, pois o galego común, o da rúa e familias, non obedece á lingua erudita por imperativo da maioría de votos na R.A.G.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?