Día Internacional da Muller traballadora

por parroquiacarballo

Está fixado ese día no oito de marzo por determinación da ONU en 1.975. Pois foi en marzo do 1.857 cando mulleres que traballaban no ramo textil pediron a rebaixa de 12 horas a 10 horas de traballo. En marzo de 1.908, en Nova Iork, 146 mulleres do téxtil foron queimadas vivas.

Eses tempos tan tristes pasaron. Hoxe temos menos de 40 horas de traballo á semana. A muller está presente en todos os ámbitos da nosa sociedade, en igualdade co home.

Así, no ensino, no mundo xudicial, no militar, no político… está presente a muller. Ata no deportivo, tamén no fútbol, deporte que parecía excesivo para a muller, pero vemos que corren, chutan igual ca os homes. A selección feminina de fútbol, en España, é campiona mundial.

Fronte a todo isto, recoñecemos que hai culturas nas que a muller está descriminada, desfavorecida. Non ten liberdade, está obrigada a vestir de formas determinadas, etc.

Tamén se miramos para nós mesmos, barruntamos que a muller é maltratada, insultada. Que teña que buscar amparo na protección policial. O peor, as mulleres asasinadas polas parellas ou ex – parellas. En España temos uns 40 casos cada ano. Neste 2.025 xa van dous. Desde que hai rexistros, en España van asasinadas casi 1.300 mulleres. Os casos máis extremecedores son aqueles que chaman de violencia vicaria, é dicir, matan ós nenos para que sufra a nai: Horrible.

Temos o perigo de acostumarmos á reación habitual. A veciñanza xúntase silenciosa para protestar, levan carteis pedindo xustiza e que non haxa máis casos semellantes, o concello declara tres días de loito … Pero a triste experiencia é que volven novos casos. Falta educación para respectar a muller, valorada, pero non coma un obxecto do que se poida dispoñer a gusto da parella. Ogallá chegara ese día de plena equiparación de mulleres e homes.

Pero ben sabemos todos o que rinde a presencia da muller na sociedade e na familia. Aquí, é o centro e corazón da casa. A nai dá vida, calor, amor e unidade á familia. Cando ela falta, con dificultades subsistirá a xeración formada no mesmo fogar. Porque a nai transmite a cultura propia de cada familia. E non sólo iso, tamén a interpretación e formas de vivir a fe cristiá. Se falla a nai, pérdese o sostén máis firme da familia en todos os eidos.

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?