Día Internacional do Traballo

por

Agora celébrase en todo o mundo. Empezou no 1º – V -1.886. Houbo unha gran folga en Chicago pola xornada de oito horas. Na represión houbo mortes de policías e obreiros. Son os chamados “mártires de Chicago”.

Nós neses días,  vemos manifestacións de clase obreira. Ás veces, desunidas pois non hai acordó sobre os lemas das pancartas ou os percorridos. Pero piden traballo para todos; reclaman a loita contra o paro; e atención ós parados sen axudas.

Non podemos ser indiferentes ante a inxustiza establecida na nosa sociedade. Pero, ademais, a falta de traballo leva consigo a baixa en aportacións á Seguridade Social.

Parece que a coñecida como Caixa das Pensións vai adelgazando e o porvir das mesmas non está moi asegurado.

O propio interese pide un bo ordenamento da sociedade para que todos, traballando asegún a vocación que teñan, poidan colaborar e realizarse como persoas. Pero se nos movemos no ámbito da Fe cristiá, temos o Mandamento Novo, e tamén os do Decálogo xa no Antigo Testamento, que nos piden un amor e respecto efectivo, actuante, para que poñamos o noso esforzo e criterios en favor dunha sociedade xusta e paternal.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?