Diolopague!

por parroquiacarballo

Necesariamente tiña que agradecer a cantos viñestes á inauguración da Biblioteca, doao á parroquia de Carballo, a vosa presencia, ánimo e alento. Así como as felicitacións recibidas por tal xesto.

Debo salientar un testimonio escrito, acompañado de fotografía feita na igrexa de Seavia haberá uns 40 anos. Son as catequistas daquel tempo que estiveron moi representadas e non esqueceron aqueles felices anos.

Empeza agora un periodo de adaptarnos todos a un novo servizo que vai pedir un pouco máis de traballo e atención.

Acaban de chamarme por teléfono para pedirme datos sobre o mosteiro de San Antoniño de Baíñas. “San Antolín”, que din os que falan castelán, é un mártir, actualmente patrón da cidade de Cuenca.

Aquel mosteiro ten románico, pero, en conxunto é un agregado de varios tempos. Foi priorato de S. Martín Pinario, de Santiago, imaxe que figura nas paredes do templo. Conta cunha cruz parroquial  do século XVII e ten un cáliz de prata daqueles que doaba o cardeal Martín de Herrera.

Pois ben. A mellor información histórica, bibliográfica e arquitectónica que eu coñezo, puiden lela na serie “El Románico en España. Provincia de A Coruña”

Esta obra é unha das últimas adquisicións que fixen para a biblioteca. Son dous tomos dedicados á nosa provincia. As igrexas van sendo estudadas por orde alfabética.

Como esta é unha obra á que moitos estudosos quererán acudir, aí queda a cita.

Reitero o meu agradecemento. Non teño eu “táboas” para actos tan solemnes, pero confío na amabalidade de todos.

  • Vídeo completo:

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?