Don Victor Maroño Pena. In Memoriam

por parroquiacarballo

Despois das palabras que o Sr. Arcebispo dedicou a D. Victor, tanto ó dar conta do seu falecemento, como na homilía do seu funeral, pouco podemos dicir os demais, se non é algo persoal ó que o Dtr. Barrio non puido chegar.

Don Victor, despois dunha brillante carreira eclesiástica no Seminario, e comportamento exemplar, pasou uns dous anos a atender provisoriamente parroquias distantes e lonxanas na nosa diocese. Os seus recordos para cos tíos sacerdotes que tanto o axudaron a el e os seus numerosos irmáns, trouxérono de párroco a Restande, mentres que D. Ramón e D. Florentino estaban de párrocos en Castriz e Rial, respectivamente.

Un paso máis, e D. Victor vén de párroco a Anxeriz. Aquí en Bergantiños tamén atendeu Entrecruces, foi profesor de Relixión no Alfredo Brañas, arcipreste, e membro do Consello do Presbiterio desde a creación do mesmo, cargo que sempre mantivo, como caso único na diocese, ata a hora do seu tránsito.

Outra realidade excepcional no seu servizo á diocese está en que foi o único sacerdote que, por xestión do arcebispo Barrio Barrio, chegou a ter a condición de Prelado de Honor da Súa Santidade o papa Francisco.

Don Victor introduciu o galego na lingua do BOAS. Cada ano, neste difícil mundo das relacións da Igrexa coas lexislacións autonómicas e estatais, publicaba amplias e clarificadoras normas no BOAS de xaneiro. Sempre pensei que os alumnos de Dereito Canónico tiñan que estudar os traballos de D. Victor para entenderse na vida pastoral.

Levaba uns 40 anos no centro da curia arcebispal. Capacidades, condición tiña para que os arcebispos Rouco e Barrio depositaran nel toda confianza.

Don Victor poseía o don de encher os espazos ou foros nos que tiña que actuar. Alegraba as xuntanzas dos compañeiros. Sacrificado, constante, fiel. Lembro unha frase que el adoitaba dicir nas súas homilías de funerais por sacerdotes: “Fue sólo y en todo sacerdote”.

Iso foi el en toda a súa vida. Exemplo para os que quedamos atrás. D.E.P.

 D.VICTOR MAROÑO PENA, fue enterrado en el claustro de la Catedral de Santiago  el 23 de agosto.

El día  9 de  Septiembre los sacerdotes del Arciprestazgo de Bergantiños y los feligreses de la parroquia de Anxeriz ofrecimos un funeral por su eterno descanso que presidió el Sr. Obispo Auxiliar

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?