Drogas!

por

Palabra temible, asunto ben doloroso, pero presente na nosa sociedade. Estaremos condenados a vivir e loitar sempre con el?

De vez en cando, acó e aló, xurden noticias alarmantes. Organismos oficiais, asociacións particulares, conferencias nas parroquias…intentan arredar á nosa sociedade dos perigos da drogadicción.

Con este mal vén a ruína da saúde, da economía familiar, e quén sabe cántos roubos hai motivados pola dependencia que crea a droga.

Tampouco os narcotraficantes son felices. Primeiro, porque son recriminados pola propia conciencia, pola sociedade. E perseguidos pola xustiza, andan por cárceres ou fuxidos que tampouco lles permite unha vida apetecible, regular.

Hai tamén drogas socialmente toleradas, anque cada vez menos. Son o alcol e o tabaco. Os avisos dos danos que producen no cerebro, nos pulmóns e corazón son pregoados polas autoridades médicas, que tamén avisan sobre novas dependencias: o teléfono portátil, a TV, redes sociais.

Por  contra, aparecen drogas artificiais, de novo deseño, aínda máis malignas cas tradicionais. Loitando contra ese mundo que tantos estragos fai na nosa mocidade, está Vieiro, como Asociación e como publicación periódica. Vieiro atende,  recomenda, trata de apoiar a liberación da escravitude da droga.

Na revista aparece a información máis comprida sobre a natureza e males de cada droga. Informan expertos na especialidade. Guíanse por criterios terapéuticos adiantados.

Gran calidade nas páxinas da revista, dirixida especialmente a todos os concellos de Bergantiños. Parabéns a cantos sosteñen a publicación!

Vieiro rexistrou hai poucos meses a perda do seu Presidente Fundador, José Vázquez (Pepe o Raiano) finado con 78 anos. Pero o equipo que el dirixía vai seguir adiante. E temos a Fina Rey  e a José María Arán, entre outros, co proxecto nas súas mans. Son bergantiñáns benfactores en varios eidos da nosa vida cultural. Desvívense por servir ós demais. Ogallá que vaian acadando os nobres obxectivos polos que entregan o seu tempo e afáns.

(En lembranza de Pepe o Raiano, no seu cabodano)

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?