Educación para a cidadanía

por

Poño un título prestado. Mais paréceme que é o apropiado para dicir en poucas palabras algo que nos ensina a Laudato SI, do Papa Francisco. Ten moito contido o documento papal. Podémolo ver como o pensamento da Igrexa sobre algo tan actual como é o coidado da casa común, é dicir, a Terra, o noso planeta.

Os avisos e temores chégannos de todas partes. A escasez de auga, o cambio climático, a perda da capa de ozono, a contaminación polo anhídrido carbónico, a perda de masa forestal, o quentamento dos mares, o derretirse do helo nos polos, a subida do nivel do mar, a perda das especies forestais e animais… Todo isto é noticia de acotío nos medios de comunicación.

Agora ben. Isto reclama dos habitantes do planeta un comportamento solidario. Para unha boa conservación das  fontes que nos dan auga limpa; para manter o chan limpo de lixo nas rúas e xardíns; gastar auga con medida, respectar as albres, que purifican o ambiente; distribuír as cousas sobrantes nos respectivos contedores;  saber o que ha de facerse cos residuos sólidos, grandes…Nunha palabra, educación cívica como diciamos no título.

Outro capítulo son os coidados e esixencias que nos impón a convivencia.Por exemplo, o exceso de ruído nos pisos, por radios, televisores elevados de ton.

Ou mesmo as nosas motocicletas, coches… que nas ITV xa tratan de que contaminen pouco e metan menos ruído. Pero, ao mellor, pasada a ITV, as máquinas volven atronar o ambiente. E se hai por aí algún botellón, aínda temos máis difícil a convivencia.

Sexamos todos amables ciudadanos cun comportamento que nos permita vivir en paz.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?