Eleccións Municipais

por

Son as que nos afectan máis de preto. Por iso tamén suscitan interese moi particular. Pois as nosas rúas e camiños;  xardíns e alumeado; servizo de auga e alcantarillado; aparcadoiros e medio ambiente; escolas e garderías… é dicir, as cousas que precisamos todos os días.

Ser edil, alcalde do concello que sexa é unha gran honra. Se votamos poucos, o número de  concelleiros vai ser o mesmo. Pero precísase saber cal é o grao de confianza que os cidadáns depositan nos que resulten elixidos. Para iso teñen que votar cantos máis vecinos poida ser. Na campaña os candidatos deron a coñecer polo miúdo o que será o seu programa en favor noso.

Agradecemos o esforzo e proximidade que amosaron os candidatos. Respondamos co noso voto ben pensado e matinado.

Quixeramos facer unha breve reflexión. Importa moito o capítulo de servizos sociais, porque aí vai a atención a enfermos non válidos, acollida a inmigrantes e problemas semellantes.

Felicitamos ós elixidos e pedímoslles que teñan a decisión e acerto para saber corresponder á confianza e esperanza dun pobo que merece as atencións para unha vida digna en todos os lugares nos que  estea domiciliado.

Participemos, pois, votando a quen mellor nos pareza.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?