En memoria do Padre Carracedo (e.p.d.)

por parroquiacarballo

Sta. María de Rus é unha parroquia bendecida por Dios con moitas vocacións para a vida relixiosa, ou para a sacerdotal. Nos nosos tempos, todo figura esclarecido pola persoa de D. Antonio Carracedo Viña, célebre párroco de Sofán, creador dun centro escolar do que xurdiron vocacións sacerdotais para servir a diocese de Compostela.

Pero a familia vicenciana (Fillas da Caridade e Sacerdotes da Misión) resultou moi favorecida pola Fe que viven familias de Rus. Especialmente as que levan o apelido Carracedo. A fundación do Colexio das Fillas da Caridade de Carballo, débese, en boa parte, á familia Carracedo, de Rus e de Sofán.

O Padre Rafael Carracedo Viñas (vicenciano) e sor Isabel Remuiñán Carracedo, de Rus e Seavia, son sobriños de D. Antonio Carracedo Viña, nado en Casal de Perros, casa nobre, da freguesía de Rus. Sor Isabel foi beatificada o 13-XII-2.013. Recordemos tamén a sor Clara Carracedo (e.p.d.) e ás irmás Carme e Francisca Puga Mira, Fillas da Caridade, tamén de Rus.

O Padre Carracedo naceu o 15-I-1.925, entrou na Congregación da Misión o 21-IX-1.947. Ordenado sacerdote o 12-IX-1.954. Foi daqueles misioneiros paúles que ían evanxelizar tanto en América como en España. Estivo no santuario dos Milagros de Molgas (Ourense), e na parroquia de Sto Tomás de A Coruña. Tivo unha grave enfermidade que conseguiu superar, dicía el, pola intercesión de la Virgen Milagrosa. Finalmente, xa maior, no ano 2.018 foi levado á enfermería da Casa Sta. Marta de Tormes (Salamanca) e alí finou o 27-XII-21, cando lle faltaban poucos días para cumprir 97 anos de idade.

O Padre Carracedo era profundamente optimista, inquedo, loitador, amante da vida. Tivemos a sorte de coñecelo personalmente e de ler o seu libro autobiográfico “Quiero vivir”, que é unha boa medicina para ós que tendemos ó pesimismo, e levanta ánimos cando caemos na depresión, enfermidade tan dominante nos nosos tempos.

O pasado 29-I-22 os seus familiares de Rus organizaron un funeral polo finado. Asistíu gran número de fieis. Algúns sacerdotes non puidemos asistir porque foi un sábado recargado de traballo pastoral.

D.E.P. este fiel servidor da Evanxelización do mundo.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?