A pandemia parece desfigurar o noso Nadal. Coido que non. Poñer os Nacimentos nas casas, amosar o cartel do Neno Xesús bendicindo ás familias son datas firmes, esa tradición cristiá, do noso auténtico Nadal.
Será pouco ou nada extrovertido, pero profundamente familiar. Recolléronse os núcleos familiares esenciais, haberá máis comunicación telefónica. Será un Nadal conmemorativo.
Lembrará cada familia ós que noutros anos estaban xuntos tal día. Tamén ós que xa non están neste mundo pero seguen presentes no corazón e na oración.
Lembraremos os Nadales da nosa infancia. Viñan cantar polas portas aquela noite, cando fervían xa as potas coa cea. Ou cando estabamos rezando o Sto Rosario.
Cantaban: “A las puertas estamos cuatro pasajeros, si nos dan licencia,
encomenzaremos”.
Ou ben: ”A Belén camina una Niña ocupada llena de gracia y de vida”.
Ou tamén: ”A Belén camina la Virgen María, San José llevaba en su
compañía”.
Velaquí unha panxoliña: “A noitiña de Nadal, noite de grande alegría,
camiñando vai José, camiñando vai María”.
Despois na nosa mocidade aprendemos:
“Dime, Niño, de quien eres”.
“Campana sobre campana”.
“Ande borriquito, vamos a Belén, que mañana es fiesta, pasado
también”.
“Pero mira como beben los peces en el río”.
En tempos máis novos:
“El Tamborilero” de Raphael. “Mirai que feitiña a cuna do Neno Dios”,
“Os anxeliños do ceo cantan cantiguiñas meigas”, de os Tamara.
O de todos os tempos:
“Noche de Dios, noche de Paz”.
De seguro que os nosos lectores lembran moitas máis cántigas e panxoliñas. Que canten os maiores, que aprendamos os máis novos.
O cantigueiro de Nadal é arte, relixiosidade, amor ó Neno, cultivo da tenrura, cariño, dozura familiar.
Podemos rematar a nosa xuntanza familiar disfrutando da música dun himno litúrxico moi coñecido: “Adeste fideles, laeti triunfantes, venite in Betelem. Natum videte Regem angelorum…”É unha melodía gregoriana na que música e acentos da letra armonizan perfectamente. Suave, reparadora, evocadora…
Bo Nadal en paz e gracia de Dios!