Falsos humanismos

por parroquiacarballo

Dos principios da Fe cristiá derivan normas para a convivencia entre os humanos, crentes ou non. Certamente, o cristianismo é moito máis ca un humanismo, porque a Fe conforta, anima, protexe para un final que se consuma na Vida Eterna coa contemplación de Dios.

Pero pensamentos filosóficos arredados de Dios, nos tempos nosos, ensaiaron humanismos que pretenden a perfección xa neste mundo. Así, por exemplo:

O transhumanismo._ Desta tendencia falouse no curso especial do pasado verán no Instituto Teolóxico Compostelano. Pensa así esta teoría: A situación actual do ser humano non é un punto definitivo da súa evolución. Debe buscar maior perfección por medio da Intelixencia Artificial e outros medios. Así poderá chegar a ser inmortal neste mundo, guiado pola técnica.

O Postumanismo.- Busca unha humanidade mellor ca actual, eliminando material biolóxico na xeneración. Usando elementos vitais tratados con medios sintéticos a evolucionar en úteros  artificiales. Se é preciso, con material xenético de animais.

Coidan, pois, que haberá un mundo transhumano ou poshumano poboado por homes inmortais física, mental e moralmente superiores, capaces de seguir progresando técnicamente.

A Eugenesía.-Busca unha raza superior que impoña un avance para a humanidade. Despreciando razas estimadas como inferiores.

Nota.- Na II Guerra Mundial,Europa sufríu as consecuencias desta filosofía. Testemuñas son os campos de concentración que se conservan para escarmento daqueles tempos.

Para o cristián o mellor do ser humano está no seu corazón. No amor, na loita polos dereitos humanos para vivir unha fraternidade universal. Isto está nos Mandamentos e nas Benaventuranzas.

Nos falsos humanismos hai como un propósito de ocupar o lugar de Dios Creador.

Pero tamén podemos ver aí unha inquedanza por buscar o ben ante as carencias nosas. Nunha palabra, aí latexa a estructura íntima do ser humano que busca e necesita a Dios, anque explícitamente non o intente, ou, simplemente, o negué.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?