Festa do Pilar no Chorís

por

Un pobo cada vez máis grandote como é Carballo, obríganos a falar das festas dos seus barrios. Así temos a Milagrosa, o San Cristovo e o Pilar no Chorís. Afortunadamente, son festas motivadas pola fe cristiá dos moradores que así queren honrar a Nosa Señora e aos santos.

O Himno ao Apóstolo Santiago leva letra do insigne médico compostelán Barcia Caballero, que cantamos sobre música do experto musical Soler Palmes, mestre da capela da Catedral.

Pois ben, aquel médico, tamén gran poeta, escribiu aquilo de “firme y segura como aquella columna que te entregó la Madre de Jesús será en España la santa fe cristiana…“ Aquí vai unha alusión á Nosa Señora do Pilar, que ten a súa basílica en Zaragoza e un altar no corazón dos seus devotos do barrio do Chorís carballés.

Esta alusión ao Pilar no noso Himno non é correspondida en Zaragoza  polo Himno que alí cantan. Máis aínda, aquel Himno á Pilarica é exclusivamente aragonés, pola música e pola letra. Mentres que en Santiago, co noso Himno alabamos á Nosa Señora do Pilar e pedimos protección para toda España.

Isto, no Himno que agora cantamos (O Santo Adalid) pero no anterior (Dos Favores) falábamos de Santiago e do Pilar.

Firme e segura” a fe cristiá no Chorís, pedimos á Nosa Señora do Pilar.

Seguridade e afecto popular para a Benemérita Garda Civil que ten alí o seu acortelamento.

E que Deus bendiga ás Fillas da Caridade que custodian a imaxe do Pilar que alí garda o Chorís.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?