Sendo María Santísima nai de Xesús Noso Señor, que naceu para facernos irmáns seus ós redimidos, polo tanto tamén fillos espirituais de María, o máis natural é que Nosa Señora estea moi honrada na Igrexa polo pobo crente.
Como festivos marianos, temos agosto e septembro. En agosto, a quenda de solemnidades vén fundada na Asunción de Nosa Señora. En septembro, pola Natividade de María, filla de Xoaquín e Ana.
Entre agosto e septembro. Carballo honra á Virxe Milagrosa no santuario do Campo da Feira. Empeza o novenario en agosto. Para tantos devotos hai o recinto da capela e o xardín que a rodea. Todos asisten devotamente. Son un exemplo para unha encrucillada da cidade pola que pasa tanta xente. Quedan exemplarizados pola devoción carballesa á Virxe Milagrosa. Se ademáis circulan por aquelas rúas da procesión do día (1º Domingo de septembro) cando están compoñéndose as alfombras florais, tamén coñecerán o gusto artístico de Carballo manifestando o seu amor á Virxe Milagrosa.
Cando rematen os días de ancheamento da ponte pola que vai e vén tantos carballeses, a perspectiva gañará e o santuario será horizonte necesario para os viaxantes.
O pobo cristián coñece moitos cantos a María. Así: Ave María, Salve, Oh María. Queremos subliñar aquí os dous cantos típicos da devoción á Virxe Milagrosa. Son: “Oh María sen pecado concebida”, e o Himno, quizais menos coñecido. Veloaquí:
“Míranos, oh Milagrosa; míranos, Madre de amor,
míranos que tu mirada nos dará la Salvación.
Son tus ojos dos luceros que en la noche del dolor
dan aliento y esperanza al humano corazón”
Breve, moi expresiva, fácil de aprender.