Galicia esmorecente

por

Os nosos políticos hai tempo que veñen avisando: o gran problema de Galicia é o demográfico.

Cada día Galicia perde 40 habitantes. Na Costa da Morte as defuncións duplican ós nacementos. Todos os concellos (tamén Carballo e Coristanco) teñen un saldo vexetativo negativo. Nun ano, a Costa da Morte perdeu 840 habitantes. Isto temos lido no Ideal de Bergantiños.

Así, pois, non hai remplazo xeracional. Galicia está avellentada. Os xeriátricos, cheos. Moitos vellos viven sós. Aldeas abandonadas. Noutras, hai anos que non nace ningún neno. Os autobuses escolares, medio baldeiros . As escolas primarias sen alumnos. Galicia cada vez ten menos peso no conxunto do estado en razón á perda de habitantes. Concellos hai que perden concelleiros.

Ante isto, virán de fóra traballar as nosas terras, traerán a súa cultura, as súas linguas… perderase a identidade galega tradicional.

Os sociólogos saberán poñer remedio. Ogallá. Penso que habería que estimular a natalidade con baixas amplias e xenerosas por maternidade e paternidade. Polo mesmo, unha axuda económica para a crianza e a educación. Gardarías. Recoñecemento, prioridade ás familias numerosas.

A crise demográfica tamén trae consecuencias para a mesma Igrexa. Menos nenos nos catecismos, poucos candidatos ó sacerdocio, menos atención ás nosas parroquias. Unha cadea, pois, de feitos negativos para a sociedade galega e para a Igrexa que vive nela e participa das mesmas eivas e problemas.

 

Feliz cumpleaños

Dolores Tasende cumple 107 años:

«Agora estou aquí sentada, e vou a onde me levan»

Dolores Tasende Ferreiro celebró el 12 de de agosto ,acompañada de toda su familia los 107 años. De esta manera, se convierte en la mujer más longeva de Carballo y la segunda de toda la Costa da Morte.

Después de haber vivido las penurias de la guerra, pasar hambre, trabajar muy duro para poder sacar a su familia adelante, esta mujer nacida en Oza estaba «muy contenta» de poder celebrar con los suyos un año más.

Que alegría verla participando con fe en la Misa del Carmen en Sísamo y en la Fiesta de San Cristóbal.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?