Gracias D. Daniel

por

O Sr. Arcebispo, visto o traballo e cualidades de D.Daniel Pérez Espasandín, que por catro anos exerceu en Bergantiños, elixiuno para ser formador no Seminario Menor de Santiago, así como membro da Delegación de Xuventude e párroco nalgunhas  feligresías.

Moito traballo , pero tal é a confianza e a esperanza que o Sr.Arcebispo puxo en D.Daniel. Sector no que el se  sentía  moi a gusto e no que era moi amado.

D.Daniel fixo cos xóvenes, camiñatas a Caión, a San Hadrián do Mar. Tivo charlas, cículos, reflexións e oracións con xóvenes.Moito diálogo.

Foi con eles a Santiago no Ano Santo, facendo o camiño en duas xornadas desde Carballo. Estes días pasados, 20 xóvenes e D.Daniel, sairon de Santiago, pernoctaron en Bembibre, e chegaron para a Misa vespertina da Milagrosa o día 25 de agosto.

D.Daniel estivo na Peregrinación Encontro da Xuventude en Santiago no 2010, e no 2011, na Xornada Mundial da Xuventude en Madrid.

Sentía preferencia pola peregrinación ao Santuario de Lourdes.Ten ido como peregrino e como axudante de enfermos.

Predicaba en galego e en castelán.Defendíase no inglés e coa guitarra.Experto en informática.Cando ía pola rúa non podía pasar sen ser requerido polos xóvenes  aos que saudaba polo seu nome ; o seu teléfono, o seu despacho, o seu correo electrónico estaban sempre en contacto coa mocidade.

Agora as catro parroquias as que dedicaba preferente atención nos domingos (Vilela, Lema, Lemaio e Oza) fixéronlle presente en  valiosos agasallos o seu agradecemento e memoria.

Ben quixéramos que o labor iniciado por D.Daniel non esmorecese. Que alguén colla a antorcha. ¿Ficaremos solos?. Desde a Delegación de Xuventude, coidamos que D.Daniel apoiará o traballo que se faga en Carballo. El mesmo se fará presente.Un novo tempo enpeza xa este curso pastoral. Sen decaemento de ánimos, hai que seguir adiante.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?