Sentido moito a marcha de D. Daniel, que xa está no seu cargo, hoxe podemos presentar a D.Eduardo Puga Vila, que vai encher o valeiro deixado por D.Daniel.
D.Eduardo é un sacerdote da terra de Bergantiños, noutro tempo tan fértil en vocacións.
Naceu en Bértoa no ano 1975, foi ordenado sacerdote no 2003.Lembramos a súa primeira Misa en Bértoa.
Con outros dous sacerdotes compañeiros, tivo que prestar servizo pastoral a unidade de parroquias que , ao comezo foron 12, despois 16, e agora, ultimemente, eran 20, todas por terras da Estrada. Era el moderador do equipo sacerdotal, o que nos dí que D.Eduardo ten experiencia ben demostrada.
Agora témolo acó. Recuperámolo para que axude noutra Unidade Pastoral que ten o seu centro e moderador en Carballo e agrupa a dez parroquias, pero, recordemos, Carballo ten cinco centros de culto e, con 18.000 habitantes, é a parroquia mais numerosa da Arquidiócese e, coido, de toda Galicia.
Polo tanto, o Sr.Arcebispo envíanos un compañeiro que aportará enerxía, experiencia, para axudar, para integrarse neste equipo sacerdotal que anima D.Xosé García Gondar.
E seguirá adiante contando coa acollida das nosas parroquias.
Tan pronto como se recupere do seu acidente (ogallá sexa canto mais antes) teremos a D.Eduardo connosco.Sexa benvido.