Gracias Señor polos 81 anos

por

“Desque se pon o Sol, pouco día queda”, dicían antano os nosos devanceiros. Como hoxe temos luz artificial polas noites, non vivimnos o solpor co sentimento tráxico dos antepasados.

Para quen onte cumpriu 81 anos, o refrán de marras acáelle moi ben.

No día 8 de outubro celebra a  Igrexa o día do santo ancián Simeón, que ao ver no templo de Xerusalén ao Neno Xesús, esclamou que xa quedaba completa e satisfeita  a súa vida. Gústame a actitude de Simeón , que recordamos acotío cando rezamos as preces do final do día.

Mirando cara adiante,temos a festa do Pilar. Bendiga Nosa Señora do Pilar a cantas mulleres e nenas levan tal haxionimico;bendiga o barrio do Chorís e á Benemerita Garda Civil que vela pola orde  pública  e nos protexe a todos; bendiga  a esta  España en crisis económica e de unidade, que ten a Festa Nacional no día da Nosa Señora do Pilar.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?