Xa estamos na Semana do Domingo Mundial da Propagación da Fe. Dito popularmente coa sigla DOMUND.
Véñemos a memoria os misioneiros que lonxe da súa patria traballan na obra da evanxelización. Mentalmente pensamos nas súas igrexas pobres, de arte colonial; nas súas escolas, nos seus dispensarios ou pequenos hospitais, orfanatos.
O exemplo que nos dan misioneiros e misioneiras contrasta coa nosa pasividade, rutina, na vivencia do Evanxeo.Cando falamos con eles, decátamonos que viven contentos a súa vocación, a súa pobreza. Todo para seren testemuñas visibles da Mensaxe que predican.
Pos ben. A Igrexa enteira é misioneira, dí o Concilio Vaticano II.Todos estamos chamados a evanxelizar. Preto ou lonxe de nós.Os misioneiros van diante, deben contar co noso alento, é dicir, oración, colaboración económica. O mellor, son novas vocacións misioneiras que poidan sustituit a tantos que levan tempo no labor de evanxelizar.
Bergantiños foi, e sigue sendo, terra de vocacións misioneiras.