Festa de Santa Cecilia, patroa dos músicos

por

Indo cara o final de novembro, batemos coa festa de Santa Cecilia, ou Cecía e Icía. Nomes que o pobo galego adicou a esta santa.

Os profesionais ou afeccionados á música, están de patroa. Coido que todos teñen algo preparado para que vaiamos aos seus concertos. E debemos ir para animar a tantos que cultivan esta arte.

Interésanos o canto litúrxico, o canto do pobo nas celebracións eclesiais.

Cando cantamos, oramos. Temos á nosa disposición cantorais que distinguen moi ben o tempo litúrxico: advento, coresma, pascua…

 

Ou ben as particulares celebracións: cantos para a Misa, Eucaristía. Cantos marianos. Cantos para entoar con moita emoción cando rodeamos un irmán difunto ou celebramos o seu cabodano.

Na escola de Axentes de Pastoral, tanto este curso, como nos pasados, tivemos moi presente esta necesidade da oración expresada en canto. Expertos na materia, como son Angeles Pardines e o Sr. Beira Cores, puxeron a súa pericia e dotes para que participemos co noso canto nas asambleas cristiás. Lembremos tamén a gran creatividade, en toda clase de música, do admirado Xesús Méndez Torrado, do que tantas cancións temos nas nosas igrexias. Son obras de gran beleza e manifesta profesión  de fe que por moitos anos siga axudándonos Méndez Torrrado  coa súa inspiración.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?