Festividade da Nosa Señora a Virxe Milagrosa

por

No calendario da liturxia o martes 27 de novembro é festividade da Nosa Señora a Virxe Milagrosa. Recordamos todos o ano Xubilar Mariano que tivo como centro a capela do campo da feira.

Pero Carballo está transido desta devoción mariana porque tanto na Igrexa parroquial, coma no colexio das fillas da caridade celébrase con solemnidade a Virxe Milagrosa.

 

Despois daquela clausura solemne que puxo peche ao Ano Jubilar, temos as seguintes realidades:

  • Unha Xanela especial vai informar e deixar para a posteridade constancia e memoria de peregrinacións e demais actos que supuxo o Ano Jubilar.
  • Polas nosas parroquias van pasar as capelas domiciliarias da Virxe Milagrosa. Serán acollidas polas familias que queiran recibir a visita dunha capeliña que por bendecida polo Sr. Arcebispo na clausura do ano Xubilar. Están anotándose as familias para ordenar por rúas e días cando lle vai corresponder a cada quen recibir a visita da Virxe Milagrosa.
  • No pasado 25 de septembro recibiuse na parroquia un decreto da Santa Sede polo que se concede indulxencia plenaria a quen, particularmente, ou en grupo, visite a igrexa do campo da feira. Esta gracia está concedida para bastantes días do ano, e con carácter de perpetuidade.

Xa se explicará isto polo miúdo, poderemos ler o decreto na  Xanela e tamén estará exposto na capela de Milagrosa.

Que todo sexa para revisar e mellorar a nosa vida cristiá, como se di explícitamente no decreto.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?