No día do voluntariado

por

O día 5 de decembro é o dia internacional do voluntariado. Moitas son as ocasións nas que clamamos polos voluntarios. Na Xornada Mundial da Xuventude, na P.E.X, moito axudaron os voluntarios. En moitas ocasións están presentes favorecendo á sociedade. Prestan un servizo polo seu propio ideal. Fan xenerosidade.

No mundo da sociedade civil temos voluntarios na cruz vermella, protección civil, etc. Na Igrexa temos un voluntariado exemplar. Son os que traballan en Cáritas, nos catecismos… todos cantos colaboran poñendo flores, lavando manteis, etc… son un grupo de almas voluntarias as que moito temos que agradecer, tanto polo que fan como polo exemplo que nos dan. Polo demais, temos os días da Constitución e da Inmaculada.

Haberá en Santiago a solemne Vixilia da Inmaculada. Recordaredes que o ano pasado foi en Carballo. Será este ano en Santiago, o día 7, venres, empezando no colexio da Salle, como acollida. Teremos a festa do perdón en San Martiño Pinario. Procesión en remataremos na catedral. Debemos corresponder coa nosa asistencia

Nesta semana celébrase o 41º aniversario do pasamento do cardeal Quiroga; e o 90º da morte do cardeal Martín de Herrera. Foron grandes arcebispos de Compostela.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?