Festividade de Santa Lucía

por

Chegados a estes dias de Nadal, temos a festividade de Santa Lucía, mártir de Siracusa. Moi celebre na igrexa romana e dali pasou o seu culto a toda a cristiandade. Case non hai parroquia que non teña, polo menos, a imaxe desta santa. Acudimos a ela para que interceda pola nosa vista. Poucos haberá que nestes tempos de tanta velocidade, luces intermitentes, trepidantes, ordenadores, televisores… que non padezan algo na súa visión. Por isto, hai tantos devotos e tantos nomes na muller e nos homes (Lucía, Lucio) que a teñen como nome de pía.

Hai quen, privado da visión dos ollos, mantén a conformidade. Dannos exemplo de vida cristiá e manifestan, que existe felicidade no seu interior.

Santa Lucía ten una famosa canción e una importante parroquia na Coruña. Un dos seus mellores poemas teno adicado a poetisa de Oza, Sara Balsa, que por carecer de visión desde hai anos (por un proceso maligno que os médicos non poideron atallar) para compoñer os seus versos, ten que valerse dunha grabadora. Moito mérito como artista e cristiá ten esta boa muller.

En carballo temos a J. M. Vilar Guillín, xubilado da ONCE, a quen vemos en todos os actos da parroquia colaborando co seu rezo, a lectura en braille, co seu canto, co seu gran exemplo. Felicidades e paz a todos os invidentes.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?