Bon Nadal e feliz aninovo!

por

Teremos que adiantarnos a desexarlles Feliz Navidade polo nacemento de Noso Señor Xesucristo. Velai a razon da nosa felicidade. Somos amados de Deus, quere el compartir a nosa vida, e por iso se encarna e nace para toda a humanidade.

Sabido é que teremos un Nadal no medio da crise. Non hai paga de Navidade, estabamos acostumados a un consumo desmedido.

Pois saibamos manter a alegría interior, santa confortadora, que non precisa de alcol ou consumismo para nos facer felices.

Cea familiar na Noiteboa para todos. Poño como exemplo a cea que, por iniciativa do párroco de carballo, Don Xosé García Gondar, ten lugar no Centro Social da parroquia para todos os que se sinten solos esa noite.

Poida que acudamos que, con esa soedade como angustia, e quizais non sendo cristians, veñan compartir a caridade cristiá, porque Xesús nace para todos, os dun lado ou outro do mundo.

Bon Nadal e feliz aninovo!

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?