Confiemos no novo ano

por

Paréceme que o mellor do 2012, en Carballo, foi o Ano Xubilar Mariano. Mirémolo no aspecto relixioso (que e o que máis nos interesa), mirémolo no eido da comunicación desta vila de Carballo ao mundo civil, tanto en España como no estranxeiro. Lembremos aquel cupón da ONCE que levaba a imaxe da Milagrosa de Carballo e o anuncio do Ano Xubilar Mariano.

Outra boa nova en Carballo foi a inauguración do albergue para transeúntes.

Se ampliamos a mirada pensando na nosa arquidiócese de  Compostela, o mellor foi a solución a un feito lamentable. O  Códice Calixtino volveu ao seu lugar propio de conservación. Pertence certamente a cultura universal, pero a propietaria e a Catedral compostela.

Polo que se refire a Galicia e a España temos o problema do paro, as contas bancarias chamadas “preferentes”, as hipotecas que non se poden pagar polas familias en paro. Hai tamen un problema emerxente que é a desfeita da unidade do estado español, despois de mais de cinco séculos de convivencia.

Xa veremos. Confiemos no novo ano

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?