O Himno ao Apóstolo

por

Segue sendo Santo Adalid o himno oficial das peregrinacións. Estreado no ano santo de 1.920, é obra musical de Soler Palmer, mestre da capela da Catedral, autor de varios motetes e dun método para iniciar no solfeo; a letra é de Barcia Caballero, ilustre médico, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.

Outro himno cantaban antes, titulado Dos Favores, no que se aludía á trdición xacobea e á devoción á Virxe do Pilar en Aragón.

No medievo as moitedumes que viñan a Compostela cantaban Dum Pater Familias, que está en latín, recollido no Codex Calixtinus. Refire ese veterano himno que cando Cristo distribuía a misión de evanxelizar, ao noso apóstolo Santiago correspondeulle vir a España.

O actual Santo Adalid refírese a un apóstolo cabaleiro, loitador na Reconquista. Parece que Clavijo e Navas de Tolosa, batallas decisivas, están presentes na letra. Así como a formación de España, un territorio no que se foron integrando as diversas españas, ou reinos  previos que os sarracenos ocuparon e foron reconquistando os exércitos cristiáns en loita durante once séculos. Así, ata 1.492, en Granada, onde foi o final polos Reis  Católicos.

Vese, pois, que o Santo Adalid é para ser cantado por españois que piden ao Apóstolo que protexa a nosa nación.

Pero a peregrinación xacobea hoxe é máis universal ca nunca. Tiña que haber un himno en latín, con versión nas diversas linguas dos peregrinos, referido a un Apóstolo peregrino, mártir, testemuña da nosa Fe.

Houbo autores que ensaiaron himnos xacobeos, pero non chegaron a facerse populares. Así, o de Pérez Millán, polos anos 1.960. E o de Pérez Rajoán, en latín, que foi recuperado hai uns anos polos seminaristas como tributo de admiración a D. Xosé Pérez Rajoán.

Estes dous himnos seguen o tema de Santiago Cabaleiro, defensor da Fe en España.

(Volveremos sobre o Himno)

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?