As nosas freguesías son comunidades que teñen un venerable pasado. Gozos e esperanzas; erros e acertos houbo pero seguiron ata os nosos días. Agora, os novos tempos, traen duras crisis ás nosas parroquias. Bastavales, por proximidade e historia, está moi vencellada a Compostela. Na cultura galega, Rosalía de Castro e Bastavales están moi unidas. Pero imos concretar o noso relatorio aportando datos sobre os máis sobresaíntes párrocos que a serviron.
No 1.661 é párroco D. Francisco Aguiar y Seijas, natural de Betanzos (moi homenaxeado aquí), cóengo penitenciario, arcebispo de Méjico. Iniciou a construcción do santuario da Virxe de Guadalupe. Foi aberto o proceso de beatificación.
- Juan Santos Vieira (1.701-1.720) edificou o santuario do Carme en Bastavales.
- Manuel de Llanos Flórez, natural de Ceinos (León), foi cóengo e rector de Sta. María de Sar. Promoveu a edificación da igrexa actual, rematada por 1.772, iniciada por Juan Antonio Nogueira, finalizada por Tomás del Río.
- Manuel Acuña y Malvar, sobriño do arcebispo, irmán de dous cóengos, como tamén el foi. Familia de gran poder civil e eclesiástico. Pero D. Manuel foi profundamente liberal, loitou contra a francesada en Vigo. Por iniciativa súa, o corazón do arcebispo Malvar foi levado para a parroquial de Salcedo, de donde é oriúnda a familia. Os nosos historiadores López Ferreiro, Portela Pazos e Barreiro Fernández estudian a personalidade deste Acuña Malvar.
- Francisco Vázquez Aguiar, natural de Lugo, foi párroco da Corticela, alí bautizou ó célebre gravador Jordano. A el débese a torre de Bastavales, foi sepultado na base da mesma. Tamén liberal, procesado, pero absolto. Intervén no peche da Inquisición en Santiago. Pérez Constanti dedícalle gran atención en “Notas Viejas Galicianas”.
- Antonio del Río Boullón, natural de Santiago. Ampliou o adro, coa axuda de emigrantes na Habana, fixo a artística fonte, pináculos do adro e da fachada da igrexa. Exerceu de 1.864 a 1.893.
- Constante Amor Neveiro. Só en Bastavales de 1.893 a 1.896. Tío e padriño de Misa de Amor Ruibal. Insigne penalista, párroco de Salomé, sepultado en Ames, a súa parroquia natal.
- Andrés Pío Tallón. Ecónomo. Recuperou para a parroquia bens que foron desamortizados. Exerceu de 1.901 a 1.905.
Nos anos 1.965 a 1.975, escríbese para o Arquivo Parroquial de Bastavales, a Historia, en once tomos.
No 1.971, Bastavales homenaxea ferventemente á súa cantora Rosalía de Castro.
É o traballo dun cura novo que, levado do seu amor a Bastavales escribiu esta obra en profunda admiración ós seus antecesores e fraternal afecto para os sucesores, buscando a mellor atención á freguesía. Recoñecendo as propias limitacións.
Agora xa se pode consultar no Arquivo Histórico Diocesán de Santiago, ao que pasa integrada no Arquivo Parroquial de Bastavales, alí custodiado.
Que por moitos anos.