Irregularidades frecuentes na fala galega

por

É unha constante a influencia das linguas. Sábeno ben os filólogos. A lingua dominante é a do pobo máis poderoso. O galego está moi afectado polo castelán. O inglés, que é a fala do mundo da informática, da técnica e avances modernos, amosa poderío sobre o castelán. Os comercios, os transportes, mesmo as camisetas da mocidade, levan textos en inglés. Agora xa están aparecendo tamén en chinés, consecuencia do progreso que hai naquela nación asiática.

Facemos unha breve aportación de puntos nos que se aprecia máis a influencia do castelán no galego da rúa.

-O infinitivo conxugado.-Estase perdendo. Só os vellos o seguen

empregando: “veren, teren, andaren, irmos…”

-Aparece un pretérito imperfecto.- Copia do castelán: “Había

ido…tido…” Non o hai en galego. Digamos: “Fora, tivera…”. O verbo

auxiliar  en galego é TER non HABER.

– O segundo término da comparación.- En galego debe ir precedido de

“ca”, vén do latín “magis quam”. Así: “É mellor ca …” Apreciamos a

presencia do “que”, copiando do castelán. Abonda moito este defecto

nos carteis que se ofrecen ó público.

-Hai verbos que non admiten o reflexivo “se”. Por exemplo: casou,

cansou, afundíu, emborcou…

-O galego é moi parco no uso do reflexivo. Así: “ide, vinde…”, non:

“ídevos, víndevos”.

-Do verbo ir.- Temos moi introducido o “vamos”, cando debe ser “imos”.

-Substantivos femininos son: “dor/ dolor, calor”.

-“Atopar”.-Supón unha busca previa do obxecto atopado.

-“Ben”.-O contexto nos dirá se equivale a moito: “Andade ben”. Ou é un

calificativo da bondade de algo.

-“Logo”.- En galego preferentemente é causal, pero tamén é temporal.

Non coincide moitas veces co castelán “luego”, que, preferentemente é temporal.

Destes dous últimos casos hai exemplos esclarecedores nos  Diccionarios, tanto da Real Academia Galega, como no da Real Academia Española.

                                                                       Continuará

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?