Lavacolla

por parroquiacarballo

Se fixésemos unha enquisa popular sobre o significado deste topónimo relacionado co Camiño Francés, próximo xa a Compostela, penso que teriamos unha resposta unánime, ou case tal. Diríannos que alí, na Lavacolla, os peregrinos lavábanse integralmente para entrar así purificados en Santiago.

Se quen dá unha resposta así leu o Códice Calixtino (Libro V, cap. VI, Guía del Peregrino) fundamentará a súa resposta no mesmo Códice que así informa ós lectores. Sen rubor ningún. Anque parece referirse só ós homes.

Mais os expertos en etimoloxías aportan outras explicacións. Entenden que o Códice recolle nese caso unha interpretación que había no pobo.

Hai pequenas diferencias nas opinións dos expertos, pero todas alonxadas do sentido hixiénico integral que domina na xente.

O máis común nos entendidos é dicir que lava refírese ó río (un regato, o SIONLLA, de poucas posibilidades para tal e tanta hixiene). COIA. Son cantos rodados. Lembremos o CROIO galego e o CON das ribeiras do mar galego.

Total: un regato con pedras. Como hai un Lavacolla en Outes, seguindo o que éste é, significaría unha
charca nunha depresión.
Consecuencia. Este caso de Lavacolla é unha experiencia para decatarse de que a chamada proba documental pode ser, xa en orixe, unha interpretación popular, non un testimonio incontaminado pola ocorrente voz do pobo.

Dito o precedente, poderei dar a miña modesta opinión, como aficionado que son ás nosas palabras?

Velaquí. Collum é un sustantivo que, por ser neutro, dá no plural colla”. Lavacolla”, pois, significa lavado de pescozos (cuellos, en castelán). Un eufemismo. Lavasen os peregrinos o que quixesen, pero a palabra é limpa, sen a
connotación vergonzosa que queren darlle

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?