Lourdes

por

A vellez, xa é enfermidade, dicían os latinos. Anque garimosamente os anciáns sexan chamados maiores, senten como as facultades minguan. Borrosa visión, xordeira, debilidade nos pés…Acugúlanse os recordos daquelas paraxes que non volverán a ver, a soedade por familiares e amigos que xa non están. Cada enterro, prefigura o propio; o camposanto é amable mansión que nos espera.

Imos a Lourdes porque aquel é gran Hotel da Esperanza. María anima e conforta, pois é Saúde dos Enfermos, Consolo dos Aflixidos, Refuxio de Pecadores. Queremos que Nosa Señora estea cabo de nós, como estivo no Tránsito de S. Xosé. Como estivo ao pé da Cruz, así estea na nosa hora derradeira.

Queda todo atrás. Os esforzos, as ilusións dos que pasaron o Calvario desta vida. Xesús tiña moi presente Pasión, Morte e Resurrección.

Os sinais do paso por este Val de Bágoas sobrevivirán sen nós. Os libros queridos, aquelas melodías gratas, versos, fotos, o bastón que axudou a levar o peso dos anos, o reloxio que marcou a hora final.

Naquela igrexa bautismal onde todo empezou, iso rematará coa aspersión da mesma auga; os dolorosos badalazos das campás darán o seu adeus.

As árbores do cemiterio que foron consolo cando nos viron á beira do panteón que nos agarda, vixiarán o noso durmir na esperanza da resurrección.

Aleluia, empeza a Eternidade. Aleluia.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?